domingo, 20 de diciembre de 2020
CONFERENCIA: ANIMAIS EN EXTINCIÓN! Educación Responsable!
Apostar por unha educación responsable é apostar por unha educación que promova
o crecemento saudable do alumnado, potenciando o seu talento e creatividade para
axudalos a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, en
definitiva, que xere desenvolvemento e contribúa ao progreso da sociedade. Este
curso, como se ven facendo nos últimos anos no primeiro trimestre levamos a cabo
o “MES DA CIENCIA”, para promover a divulgación científica en galego. Nesta
ocasión, marcados pola pandemia do COVID, traballamos a educación responsable en
tódolos ámbitos: afectivo, cognitivo e social. O segundo ciclo de primaria
centrará o seu traballo no respecto medioambiental. Na clase de 4º centrámonos
nos animais en perigo de extinción.
jueves, 18 de junio de 2020
domingo, 14 de junio de 2020
CORPOS XEOMÉTRICOS
Tomade nota e logo podedes practicar o aprendido nos xogos en liña que están na seguinte páxina :
Entrade neste enlace e atoparedes as mesmas explicaciónsnas pax. 204-209 do libro de texto:
lunes, 8 de junio de 2020
domingo, 7 de junio de 2020
Repasamos os ríos
OS 8 RÍOS MÁIS IMPORTANTES DA NOSA PENÍNSULA.
Preme aquí 👆 para repasalos no xogo on line que está no blog.
Preme na imaxe para aceder ao documento.
Escribe a cada lado do número o nome do río, as cidades máis importantes polas que pasa (utilizade o google para atopalas) e en que mar ou océano desembocan.
Que pensan os ñus?
👈Premer na imaxe e ver o video para ver que pasa.Material adaptado para traballar a teoría da mente a través dunha curtametraxe de animais.
jueves, 4 de junio de 2020
ALTITUDE DAS CIDADES
PREME NA IMAXE PARA LER MELLOR
FÍXATE NO EXEMPLO
E
CONTESTA DEBAIXO DAS
PREGUNTAS EXPLICANDO BEN
AS RESPOSTAS
Podes averiguar onde está "La Rinconada"?
Podes averiguar onde está "La Rinconada"?
lunes, 1 de junio de 2020
Receita: Arroz con leite
Aquí tendes a versión de Lucas.
Podedes facela nun documento de escritura calquera, non importa o formato.
O AVÓ ANTÓN
O avó Antón é un contiño curto que espero que leades e me digades ao final da lectura si vos gusta.
Cando cheguedes ao final, hai un lugar para que expresedes a vosa opinión.
Por certo, saberíasme dicir a que escultura pertece a persoa que aparece na imaxe? e si ademáis me dis o autor, sería estupendo.

A voltas coas receitas
Estou esperando polas vosas receitas e non chegan, así que volvo a intentalo. Animádevos a cociñar algo e a escribir a receita.
Aquí tendes unha guía para escribila!
lunes, 25 de mayo de 2020
Planos: Medidas
Exercicio da páxina 155.
Despois de responder as preguntas, debuxa un plano da tua casa coas medidas aproximadas e envía unha foto
Despois de responder as preguntas, debuxa un plano da tua casa coas medidas aproximadas e envía unha foto
RICARDO CORAZÓN DE LAPIS
Ricardo corazón de Lapis é un conto curto, doado de ler e cunha mensaxe ben bonita.
Cubride esta ficha e logo deixade voar a vosa imaxinación:
miércoles, 20 de mayo de 2020
lunes, 18 de mayo de 2020
Cociñando
Esta actividade é de cociña.
Un día desta semana sodes vos os cociñeiros e cociñeiras.
O Menú é moi doado: cociñar pasta: macarróns, espaguetis, tallarins, ...o que queirades.
Iso sí, logo hai que escribir a receita seguindo os pasos e consellos que aparecen debaixo.
Ala, a cociñar!... e que se poida comer, eh!

Animais
Esta semana quérovos propoñer que fagades unha presentación de diapositivas sobre algúns animais que atopachedes nalgún lugar, que vos gusten ou polos que sintades curiosidade: ourizos, lagartas, insectos,etc.
A única condición é que haxa tres Vertebrados e tres Invertebrados.
1º observade a clave de identificación para saber a que grupo pertece.
2º Buscar información sobre a alimentación, respiración,etc
3º Cubrir a ficha na presentación de diapositivas no ordenador ou descargala e facela en papel.

viernes, 15 de mayo de 2020
CONTO: As pitas baixo a chuvia
Para seguir homenaxeando a R. Carvalho Calero, vos propoño ler este conto que ademáis ten unha particularidade: a mín sucedeume o mesmiño cando tiña 4 ou 5 anos, e miña nai aínda mo recorda ríndose.
Aínda que algunhas palabras non as coñezades, seguide lendo para adiante. Estou segura que ao final entenderedes todo perfectamente.
Por si acaso e non vos fiades, consultade o Dicionario e o Tradutor Gaio
Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora.
👈Preme na imaxe
Ademáis podedes imprimir ou facer no caderno as actividades da Unidade Didáctica sobre este conto.
Vos deixo aquí unha terceira opción: Facer un debuxo acompañado dun comentario sobre o conto e enviarmo por was.
Elixide!
lunes, 11 de mayo de 2020
Escritura creativa
Nesta ligazón podedes atopar actividades de escritura onde podedes desplegar a vosa imaxinación.
👈Premede na imaxe!
👈Premede na imaxe!
martes, 5 de mayo de 2020
lunes, 4 de mayo de 2020
DON RiDardo, o xogo!
Este 17 de maio no Día das Letras Galegas recordaremos a Ricardo Carballo Calero, escritor, filólogo, primeiro catedrático de Lingua Galega na Universidade de Santiago de Compostela...
Premede na imaxe para obter fichas imprimibles
DON RiDardo, o xogo!:
AG.- Como ben sabedes, este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Apetécevos aprender máis?
Agora, a ver cantas preguntas acertas!!
Creación de Cómic ou Banda deseñada
Premede na imaxe
Bo día familias, dende Dinamización querémosvos invitar a participar no noso concurso do cómic / banda deseñada.
O formato; a cantidade de follas ( de unha a ...), será a que vós queirades; a temática tamén, coma por exemplo: os vosos peques pódense converter nos heroes/ heroínas que se enfrontan e gañan ao Covid, ou as estrelas do seu equipo de fútbol, participantes da orquestra sinfónica, extraterrrestres, princesas e cabaleiros... o único requisito é que ten que ser en galego. Xa que se fai con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano dedícase a Ricardo Carballo Calero.
Tedes todo o mes de maio para realizalos. Conforme estén feitos enviádelos ao voso titor-a e os dous mellores de cada clase terán como agasallo un cómic en galego.
Animádevos e sorte!

lunes, 27 de abril de 2020
O CENTRO COMERCIAL
O CENTRO COMERCIAL :
Para os que non fixechedes esta actividade, ao final das imaxes onde se mostran as plantas que hai no Centro comercial, hai tres fichas con tarefas para realizar compras neste Centro Comercial.
Podedes descargarlas premendo no título ou na imaxe. Tamén podedes facelas directamente no drive.
De cara ao venres igual as tendes rematadas. Sen presa que temos moito tempo.

A pedra no estanque
Un exercicio de escritura creativa de Gianni Rodari que xa temos feito mais dunha vez na clase.
O podedes descargar e imprimir ou facer directamente no drive.
A ver si o venres podo ler as vosas creacións.👀
martes, 21 de abril de 2020
Ciencias
CIENCIAS DA NATUREZA
O CORPO HUMANO. Para consulta: pax. 12 a 14 do libro
Fichas de reforzo 👈👈 Fichas 4,5, 6, 7, 8
CIENCIAS SOCIAIS
A HIDROSFERA: o ciclo da auga, os ríos e as vertentes.
Para consulta no libro ver as pax 40-45
Fichas de reforzo 👈👈 Fichas 11, 12, 13
viernes, 17 de abril de 2020
jueves, 16 de abril de 2020
Matemáticas
FICHAS DE REFORZO DE MATEMÁTICAS
E
FICHAS DE RAZONAMENTO MATEMÁTICO ←👈
É interesante que vaiades alternando entre as fichas de Reforzo e as de Razonamento. Sempre ao voso ritmo.
PARA PRACTICAR A TÁBOA DE MULTIPLICAR construide este Bingo:
Bingo das táboas: AG.- Que tal a memorización das táboas de multiplicar?? Con esta actividade de bingo poderás practicalas. Poderás construír os cartóns,as bólas cos números e ata as fichas de marcar os números. Despois a gozar, mentres practicas a memorización das táboas, cun xogo deseñado e construído por ti mesmo.
miércoles, 15 de abril de 2020
Climas de España
Este xogo interactivo é para repasar este contido que foi un dos últimos que dimos en Ciencias
Climas de España: Aprende con este xogo interactivo as zonas climáticas
Climas de España: Aprende con este xogo interactivo as zonas climáticas
jueves, 9 de abril de 2020
LINGUAS
- DITADOS PARA FACER EN FAMILIA EN CASTELÁN
Ortografía: verbos con h: haber, hacer, hablar, halla, habitar
- Todas las mañanas hago la cama antes de irme al colegio. De camino hablo con mi madre muchas cosas. El otro día hallamos un gato perdido en la carretera. Lo recogimos y lo cobijamos. Hacía mucho tiempo que no tenía una mascota. El gato es muy simpático y cuando maúlla parece que habla.
- Ayer empecé a leer un libro muy interesante. Trata de un niño llamado Juan que habita en una montaña y habla con los animales. A Juan le gusta hacer travesuras. En la montaña hay muchas cosas que hacer y siempre halla objetos extraños por sus senderos. Antes había un río,pero con la sequía se secó.
INVENTAMOS HISTORIAS EN GALEGO
FACEMOS 6 FRASES COMBINANDO UNHA PALABRA DE CADA CATEGORÍA:- Artigo+Substantivo+Verbo+Adxectivo. (Non ten que ser en esta misma orde)
- ELIXIMOS UNHA FRASE E ESA FRASE SERÁ:
- TÍTULO DA HISTORIA QUE IDES ESCRIBIR.
ARTIGOS:o, a, os, as, un, unha, uns, unhasSUBSTANTIVOS: pomba, bolboreta, virus, casa, rúa, ceo, escola, viaxe.VERBOS: voar, cambiar, sair, colorear, desexar, temer, divertirse, bicar.ADXECTIVOS: lixeira, feliz, escuro, brillante, sorinte, emocionante, aburrida, triste.
miércoles, 1 de abril de 2020
OPERACIÓNS CON DECIMAIS
VIDEOS PARA APRENDER A SUMAR, RESTAR E MULTIPLICAR NÚMEROS DECIMAIS.
Despois de practicar un pouco as operacións, vos propoño ir facendo estas actividades a escoller. Escollede a 1 ou a 2:
1.-CENTRO COMERCIAL
Non fagades todo no mesmo día!!! Un exercicio de cada vez.
2.-En vez da actividade anterior, podedes coller un folleto de supermercado( ver en páxinas de Internet), facer a lista da compra para a casa e calcular o total de toda a compra.

sábado, 28 de marzo de 2020
Plástica
Ola Pitufos:
Na última clase de Plástica estivemos observando e comentando a obra de Salvador Dalí
"La persistencia de la memoria" e xa tiñades comezados uns debuxos coa vosa propia interpretación.
Xa sabedes, non é necesario que o fagades igual, facedeo si queredes pero tamén se pode cambiar a paisaxe de fondo, as cores, os reloxos,etc.
Gustaríame ver os resultados. Tirade fotos e mandarmas.
Agora, nesta nova situación na que nos atopamos, a sensación que temos do tempo é moi parecida. Non credes?

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE
A profe Diana(Audición e Linguaxe) enviou unhas actividades en liña para o alumnado que traballa con ela.
viernes, 27 de marzo de 2020
Muro Padlet
Fixarvos que na parte de abaixo, a dereita hai un circulo rosa cun +. Darlle doble click e aparecerá no muro un cadrado. Ahí é donde podedes escribir,poñer imaxes...Tamén podedes escribir debaixo de cada pregunta ou publicación.
miércoles, 25 de marzo de 2020
Actividades de Inglés
Para que practiquedes un pouco de Inglés deixo estas ligazóns de parte do profe Javi.
lunes, 23 de marzo de 2020
CANCION DE ZRX
Ola:
Deixovos aqui a letra da canción que inventamos entre todxs para que practiquedes na casa.
Si poñedes o video poderedes practicar o baile ao mesmo tempo que cantades. Ánimo!!
martes, 17 de marzo de 2020
MÁQUINAS SIMPLES
Ola a td@s:
Como na clase comezaramos co proxecto de facer unha maqueta de máquinas simples por equipos, penso que é unha boa actividade para facer na casa de xeito individual, claro. Os materiais son fáciles de atopar, todos son materiais de refugallo e o proceso é sinxelo, papá e mamá podenvos axudar.
Deixovos unha ligazón pero en youtube hai outras. Elixide a que máis vos guste.
MAQUETA DE MÁQUINAS SIMPLES
Sorte!

lunes, 16 de marzo de 2020
Estamos en casa
Ola a tod@s:
Como o prometido é deuda, deixarei aqui de cando en vez algunhas actividades para facer dende a casa.
Algunhas veces poderan facerse directamente dende o ordenador, outras teredes que imprimirlas ou si non tendes impresoras, colledes un folio e escribides as respostas aos exercicios.
Como hoxe é luns, podedes facer algunhas fichas de Lingua Galega.
As Unidaes 8, 9 son as que estamos traballando na clase.
Tamén levachedes para casa o libro de Mates. Xa sabedes que ao remate da cada unidade hai exercicios de repaso. Non vos preocupedes si as repetides. Recordade que é importante exercitar a táboa de multipicar e as operacións básicas, sobre todo a división por dúas cifras.
O mais importante: ler, escribir, debuxar as vosas ideas, sentimentos, emocións destes días...
Animo. Non me esquezo de vos. Irei poñendo tamén algúns xogos.
Podedes escribir aquí tamén algúns comentarios.

lunes, 20 de enero de 2020
Cambiar a Economía?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)