sábado, 28 de marzo de 2020

Plástica

Ola Pitufos:

Na última clase de Plástica estivemos observando e comentando a obra de Salvador Dalí
 "La persistencia de la memoria" e xa tiñades comezados uns debuxos coa vosa propia interpretación.
Xa sabedes, non é necesario que o fagades igual, facedeo si queredes pero tamén se pode cambiar a paisaxe de fondo, as cores, os reloxos,etc.
Gustaríame ver os resultados. Tirade fotos e mandarmas.

Agora, nesta nova situación na que nos atopamos, a sensación que temos do tempo é moi parecida. Non credes?



No hay comentarios:

Publicar un comentario