domingo, 20 de diciembre de 2020

CONFERENCIA: ANIMAIS EN EXTINCIÓN! Educación Responsable!

Apostar por unha educación responsable é apostar por unha educación que promova o crecemento saudable do alumnado, potenciando o seu talento e creatividade para axudalos a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, en definitiva, que xere desenvolvemento e contribúa ao progreso da sociedade. Este curso, como se ven facendo nos últimos anos no primeiro trimestre levamos a cabo o “MES DA CIENCIA”, para promover a divulgación científica en galego. Nesta ocasión, marcados pola pandemia do COVID, traballamos a educación responsable en tódolos ámbitos: afectivo, cognitivo e social. O segundo ciclo de primaria centrará o seu traballo no respecto medioambiental. Na clase de 4º centrámonos nos animais en perigo de extinción.