lunes, 25 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

Cociñando

Esta actividade é de cociña.
Un día desta semana sodes vos os cociñeiros e cociñeiras.
O Menú é moi doado: cociñar pasta: macarróns, espaguetis, tallarins, ...o que queirades.
 Iso sí, logo hai que escribir a receita seguindo os pasos e consellos que aparecen debaixo.
 Ala, a cociñar!... e que se poida comer, eh!

Animais

Esta semana quérovos propoñer que fagades unha presentación de diapositivas sobre algúns animais que atopachedes nalgún lugar, que vos gusten ou polos que sintades curiosidade: ourizos, lagartas, insectos,etc.
A única condición é que haxa tres Vertebrados e tres Invertebrados.


1º observade a clave de identificación para saber a que grupo pertece.
2º Buscar información sobre a alimentación, respiración,etc
3º Cubrir a ficha na presentación de diapositivas no ordenador ou descargala e facela en papel.

viernes, 15 de mayo de 2020

CONTO: As pitas baixo a chuvia


https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas Para seguir homenaxeando a R. Carvalho Calero, vos propoño ler este conto que ademáis ten unha particularidade: a mín sucedeume o mesmiño cando tiña 4 ou 5 anos, e miña nai aínda mo recorda ríndose.
Aínda que algunhas palabras non as coñezades, seguide lendo para adiante. Estou segura que ao final entenderedes todo perfectamente.
 Por si acaso e non vos fiades, consultade o Dicionario e o Tradutor Gaio

Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora.
👈Preme na imaxe

Ademáis podedes imprimir ou facer no caderno as actividades da Unidade Didáctica sobre este conto.

Vos deixo aquí unha terceira opción: Facer un debuxo acompañado dun comentario sobre o conto e enviarmo por was.

Elixide!




lunes, 11 de mayo de 2020

Escritura creativa

https://drive.google.com/open?id=1ayUZyTcDRWyUj8O8prW40Lw06mX7Zvkh
Nesta ligazón podedes atopar actividades de escritura onde podedes desplegar a vosa imaxinación.

👈Premede na imaxe!
PRÁCTICA DA MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS DECIMAIS POLA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS 

 Podedes seguir estos exercicios nas páxinas 117 e 121 do libro de Mates.


lunes, 4 de mayo de 2020

DON RiDardo, o xogo!


Este 17 de maio no Día das Letras Galegas recordaremos a Ricardo Carballo Calero, escritor, filólogo, primeiro catedrático de Lingua Galega na Universidade de Santiago de Compostela...
Premede na imaxe para obter fichas imprimibles



DON RiDardo, o xogo!:

AG.- Como ben sabedes, este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Apetécevos aprender máis?



Agora, a ver cantas preguntas acertas!!

Creación de Cómic ou Banda deseñada

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
Premede na imaxe

Bo día  familias, dende Dinamización  querémosvos invitar a participar no noso concurso do cómic / banda deseñada.
O formato; a cantidade de follas ( de unha a ...), será a que vós queirades; a temática  tamén, coma por exemplo: os vosos peques pódense converter nos heroes/ heroínas que se enfrontan e gañan ao Covid, ou as estrelas do seu equipo de fútbol, participantes da orquestra sinfónica, extraterrrestres, princesas e cabaleiros... o único requisito é que ten que ser en galego. Xa que se fai con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano dedícase a Ricardo Carballo Calero.
Tedes todo o mes de maio para realizalos. Conforme estén feitos enviádelos ao voso titor-a e os dous mellores de cada clase terán como agasallo un cómic en galego.
Animádevos e sorte!