lunes, 4 de mayo de 2020

Creación de Cómic ou Banda deseñada

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
Premede na imaxe

Bo día  familias, dende Dinamización  querémosvos invitar a participar no noso concurso do cómic / banda deseñada.
O formato; a cantidade de follas ( de unha a ...), será a que vós queirades; a temática  tamén, coma por exemplo: os vosos peques pódense converter nos heroes/ heroínas que se enfrontan e gañan ao Covid, ou as estrelas do seu equipo de fútbol, participantes da orquestra sinfónica, extraterrrestres, princesas e cabaleiros... o único requisito é que ten que ser en galego. Xa que se fai con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano dedícase a Ricardo Carballo Calero.
Tedes todo o mes de maio para realizalos. Conforme estén feitos enviádelos ao voso titor-a e os dous mellores de cada clase terán como agasallo un cómic en galego.
Animádevos e sorte!


No hay comentarios:

Publicar un comentario