lunes, 16 de marzo de 2020

Estamos en casa

 Ola a tod@s:
Como o prometido é deuda, deixarei aqui de cando en vez algunhas actividades para facer dende a casa.
 Algunhas veces poderan facerse directamente dende o ordenador, outras teredes que imprimirlas ou si non tendes impresoras, colledes un folio e escribides as respostas aos exercicios.
Como hoxe é luns, podedes facer algunhas fichas de Lingua Galega.
As Unidaes 8, 9 son as que estamos traballando na clase.

Tamén levachedes para casa o libro de Mates. Xa sabedes que ao remate da cada unidade hai exercicios de repaso. Non vos preocupedes si as repetides. Recordade que é importante exercitar a táboa de multipicar e as operacións básicas, sobre todo a división por dúas cifras.

O mais importante: ler, escribir, debuxar as vosas ideas, sentimentos, emocións destes días...

Animo. Non me esquezo de vos. Irei poñendo tamén algúns xogos.

Podedes escribir aquí tamén algúns comentarios.





No hay comentarios:

Publicar un comentario