Ola Pitufos:
Na última clase de Plástica estivemos observando e comentando a obra de Salvador Dalí
"La persistencia de la memoria" e xa tiñades comezados uns debuxos coa vosa propia interpretación.
Xa sabedes, non é necesario que o fagades igual, facedeo si queredes pero tamén se pode cambiar a paisaxe de fondo, as cores, os reloxos,etc.
Gustaríame ver os resultados. Tirade fotos e mandarmas.
Agora, nesta nova situación na que nos atopamos, a sensación que temos do tempo é moi parecida. Non credes?
sábado, 28 de marzo de 2020
ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE
A profe Diana(Audición e Linguaxe) enviou unhas actividades en liña para o alumnado que traballa con ela.
viernes, 27 de marzo de 2020
Muro Padlet
Fixarvos que na parte de abaixo, a dereita hai un circulo rosa cun +. Darlle doble click e aparecerá no muro un cadrado. Ahí é donde podedes escribir,poñer imaxes...Tamén podedes escribir debaixo de cada pregunta ou publicación.
miércoles, 25 de marzo de 2020
Actividades de Inglés
Para que practiquedes un pouco de Inglés deixo estas ligazóns de parte do profe Javi.
lunes, 23 de marzo de 2020
CANCION DE ZRX
Ola:
Deixovos aqui a letra da canción que inventamos entre todxs para que practiquedes na casa.
Si poñedes o video poderedes practicar o baile ao mesmo tempo que cantades. Ánimo!!
martes, 17 de marzo de 2020
MÁQUINAS SIMPLES
Ola a td@s:
Como na clase comezaramos co proxecto de facer unha maqueta de máquinas simples por equipos, penso que é unha boa actividade para facer na casa de xeito individual, claro. Os materiais son fáciles de atopar, todos son materiais de refugallo e o proceso é sinxelo, papá e mamá podenvos axudar.
Deixovos unha ligazón pero en youtube hai outras. Elixide a que máis vos guste.
MAQUETA DE MÁQUINAS SIMPLES
Sorte!

lunes, 16 de marzo de 2020
Estamos en casa
Ola a tod@s:
Como o prometido é deuda, deixarei aqui de cando en vez algunhas actividades para facer dende a casa.
Algunhas veces poderan facerse directamente dende o ordenador, outras teredes que imprimirlas ou si non tendes impresoras, colledes un folio e escribides as respostas aos exercicios.
Como hoxe é luns, podedes facer algunhas fichas de Lingua Galega.
As Unidaes 8, 9 son as que estamos traballando na clase.
Tamén levachedes para casa o libro de Mates. Xa sabedes que ao remate da cada unidade hai exercicios de repaso. Non vos preocupedes si as repetides. Recordade que é importante exercitar a táboa de multipicar e as operacións básicas, sobre todo a división por dúas cifras.
O mais importante: ler, escribir, debuxar as vosas ideas, sentimentos, emocións destes días...
Animo. Non me esquezo de vos. Irei poñendo tamén algúns xogos.
Podedes escribir aquí tamén algúns comentarios.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)