Premede nas imaxes👇
Ricardo corazón de Lapis é un conto curto, doado de ler e cunha mensaxe ben bonita.
Esta semana quérovos propoñer que fagades unha presentación de diapositivas sobre algúns animais que atopachedes nalgún lugar, que vos gusten ou polos que sintades curiosidade: ourizos, lagartas, insectos,etc.
Para seguir homenaxeando a R. Carvalho Calero, vos propoño ler este conto que ademáis ten unha particularidade: a mín sucedeume o mesmiño cando tiña 4 ou 5 anos, e miña nai aínda mo recorda ríndose.